ICANN e puntoGAL asinan o contrato de creación do .gal

Tecnología

A ICANN, a corporación que goberna os enderezos da Internet, acaba de asinar o contrato de creación do dominio .gal. O documento rubricado entre a ICANN e a Asociación Puntogal significa a culminación de sete anos de traballo nos que toda a sociedade galega se uniu para conseguir un distintivo de máximo nivel na Internet. Dende este venres, puntoGAL xa non é un candidatura, é o operador dun rexistro da Internet.

A Asociación puntoGAL comeza agora unha serie de probas técnicas obrigatorias antes da apertura do rexistro de enderezos. Grazas a este contrato, os dominios .gal poderán comezar a rexistrarse  a comezos de 2014. Proximamente puntoGAL detallará cada unha das fases nas que estará dividido este proceso. Poucos meses despois poderase navegar por direcións .gal .

O documento publicado na web da ICANN fixa que o .gal nace para servir a comunidade lingüística e cultural galega. O contrato establece  que este grupo está formado por aqueles que «usen -ou se comprometeran a usar- o galego nas súas comunicacións en liña, ou promovan os diferentes aspectos da cultura galega na rede ou dirixan especificamente as súas comunicacións e servizos a esta comunidade».

Trátase do primeiro dominio de Internet aprobado para un grupo lingüístico e cultural dende a aprobación do .cat en 2005. Un fito histórico que achegará beneficios económicos, culturais e simbólicos ao país.

O feito de que as webs poidan identificarse cun .gal contribuirá a aumentar o prestixio da sociedade galega, da súa cultura e do seu idioma, aumentará a autoestima entre os propios falantes e o interese polo noso idioma entre a comunidade internacional. Os portais web mellorarán a súa posición nos buscadores e o seu tráfico aumentará.

No económico, .gal servirá para que o diñeiro que hoxe marcha fóra do país ao rexistrar outros dominios (.com, .net), etc quede en Galicia xerando coñecemento e riqueza. O contrato asinado por ICANN establece que puntoGAL é unha organización sen ánimo de lucro, que reinvestirá todos os beneficios en fomentar o galego nas novas tecnoloxías.

Superado o desafío proposto en 2006, puntoGAL quere agradecer o alento sostido das principais entidades e instucións galegas en todo este tempo así como o apoio constante da administración autonómica e os premios recibidos nas últimas semanas (Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua, premio San Martiño da Asociación Cultural O Brado da Estrada e nominación ao Premio do Público no culturGAL).

Agora ben, nin estes premios nin o apoio dos poderes públicos sono máis importante. O verdadeiramente trascendental foi o apoio e empuxe de toda a sociedade, que se uniu para lograr situar a súa lingua na primeira liña da Internet. O dominio é voso.

Logo azul servoweb serboweb
Descripción general de privacidad

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regrese a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web le resultan más interesantes y útiles.

Puede ajustar todas sus configuraciones de cookies navegando por las pestañas en el lado izquierdo.